Sunday 12 de May de 2024

O luns abre o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Golf


O vindeiro luns día 3 de xullo abre o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Golf. Ofértanse 80 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2006 e 2013.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntar os seus fillos e fillas a esta escola, deberán facelo a través da Sede Electrónica do Concello. Tamén é posible dirixirse persoalmente á Fábrica.

Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar no deporte do golf ao tempo que se inculcan valores propios da disciplina, en particular e do deporte, en xeral. O Concello de Oleiros achegará todo o material necesario para a actividade, que terá un custo mensual de entre 17 e 8 euros, en función do número de sesións semanais. As clases desenvolveranse entre outubro de 2023 e xuño de 2024.

O Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, creouse a Escola Municipal de Golf.